COACHING MOTIVACIONAL
2024
¡Benvidos/as ao programa de coaching motivacional 2024!
Estamos encantados de darvos a benvida a este programa, coordinado por Belén Candal e Daniel Álvarez,
membros do Instituto Ben Pensante, en colaboración co persoal de dirección do Servizo de Orientación Laboral.
O noso obxectivo é fortalecer as habilidades emocionais do persoal das oficinas de emprego do SPEG,
equipándovos con ferramentas de intelixencia emocional que vos axuden a superar os retos diarios
e a ofrecer unha atención máis personalizada e de calidade aos usuarios dos servizos de emprego.
Como o faremos? Seguindo este ITINERARIO:
-
9 de setembro. Despregando o mapa do éxito. Facer as auto-reflexións propostas e enviar ao coach asignado (tarefa a realizar autónomamente).
-
16 de setembro. Sesión grupal: preparando a transformación.
[Atención: en Santiago será o 18 de setembro.]
Horario: 09:00 a 12:30h
Lugar: Ver aquí
-
23 de setembro a 4 de outubro. Sesión individual.
O coach de cada zona asignará as sesións a cada alumno/a de forma individual entre o 23 de setembro e o 4 de outubro. Duración: 1.5 horas
-
7 de outubro. Plan de Mellora Personalizado.
Elaborar un informe de mellora e plan de acción (tarefa a realizar autónomamente).
-
14 de outubro. Sesión Grupal: Impulsando as Habilidades Clave.
[Atención: en Santiago será o 16 de outubro.]
Horario: 09:00 a 14:00h
Lugar: Ver aquí
COACHES: Ver aquí
Actividades 1ª Fase – DESPREGANDO O MAPA DO ÉXITO
1. QuE representa a formación?
Daniel Álvarez Lamas. Fundador do Instituto Ben Pensante e co-director do programa.
2. Que aporta este programa
aos seus participantes?
Coaches do Programa do Coaching Motivacional
3. Como usar as ferramentas
da primeira fase?
Belén Candal, coach do comité da International Coaching Community de España e co-directora do programa.
O 9 de setembro, iniciamos o programa con dúas ferramentas para o autocoñecemento, que deberás completar e enviar ao coach da tua zona nun prazo máximo de 5 días.
Podes facelo a man e escaneado ou facelo no ordenador.
-
Roda das capacidades: unha ferramenta que vos permitirá descubrir e avaliar as vosas capacidades clave.
DESCARGA AQUÍ EN WORD
DESCARGA AQUÍ EN PDF
-
Grella da meta: para visualizar os vosos obxectivos e marcar un camiño claro cara ao éxito no voso ámbito de traballo.
DESCARGA AQUÍ EN WORD
DESCARGA AQUÍ EN PDF
Agora que xa estamos en marcha, toca comezar co primeiro punto do programa: o traballo de autocoñecemento. Para iso, debedes descargar e completar as dúas ferramentas que vos axudarán a recoñecer as vosas fortalezas e establecer metas claras:
- Roda das capacidades: unha ferramenta que vos permitirá descubrir e avaliar as vosas capacidades clave. DESCARGA AQUÍ.
- Grella da meta: para visualizar os vosos obxectivos e marcar un camiño claro cara ao éxito no voso ámbito de traballo. DESCARGA AQUÍ.
VIDEO:
1. Que representa a formación?
Daniel Álvarez Lamas. Fundador de Instituto Ben Pensante y co-director del programa.
1. Que representa esta formación?
Daniel Álvarez Lamas. Fundador de Instituto Ben Pensante y co-director del programa.
3. Como usar as ferramentas da primeira fase?
Belén Candal, coach del comité de International Coaching Community de España y co-directora del programa.
2. Que aporta este programa
aos seus participantes?
Coaches do Programa do Coaching Motivacional
3. Como usar as ferramentas
da primeira fase?
Belén Candal, coach del comité de International Coaching Community de España e co-directora do programa.
¡Benvidos a todos/as o programa de coaching motivacional 2024!
O noso obxectivo é facilitar ao persoal das oficinas de emprego do SPEG ferramentas de intelixencia emocional para superar os obstáculos cos que se encontran no seu traballo diario e procurar unha asistencia personalizada e de calidade a persoa usuaria dos servizos de emprego.
¿Cómo o faremos? Pois seguindo o seguinte itinerario:
1.DESPREGANDO O MAPA DO ÉXITO
O 9 de setembro, iniciaremos o programa cun correo electrónico onde recibirás dúas ferramentas para o autocoñecemento, que deberás completar e enviar ao coach da tua zona nun prazo máximo de 5 días.
Tempo estimado para adicarlle: 3 horas
Ferramentas incluídas:
- Roda das capacidades: descubrindo fortalezas. Avaliarás as túas habilidades clave, recoñecendo e potenciando o teu valioso conxunto de capacidades.
- Grella da meta: visualizando o logro. Establecerás metas claras e específicas que che guiarán cara ao éxito.
2.PRIMEIRA SESIÓN GRUPAL: PREPARANDO A TRANSFORMACIÓN
Nesta sesión presencial introdutoria, exploraremos estratexias fundamentais para motivar o alumnado. Aprenderemos métodos prácticos para manter altos os niveis de motivación en contornas laborais desafiantes e abordaremos a escoita activa e a comunicación efectiva, subliñando a importancia de expresarse con claridade e empatía.
Duración: 3,5 horas
Datas e lugares:
- A Coruña: Luns, 16 de setembro de 09:00 a 12:30
- Santiago de Compostela: Mércores, 18 de setembro de 09:00 a 12:30
- Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo: Luns, 16 de setembro de 09:00 a 12:30
3.SESIÓN MOTIVACIONAL: IMPULSANDO A PAIXÓN LABORAL
Nesta sesión presencial, o/a coach axudará a identificar e activar os aspectos clave do teu cambio, xerando un impacto transformador.
- Duración: 1,5 horas
- O teu coach comunicarache persoalmente a data e a hora da túa sesión motivacional segundo os horarios dispoñibles.
4.PLAN DE MELLORA PERSONALIZADO
Nesta fase, é o teu momento para reflexionar sobre o teu progreso e establecer un plan de acción claro que che permita seguir avanzando con confianza e motivación.
Tempo estimado para adicarlle: 8 horas
Folla de ruta:
- O teu informe de mellora: unha semana despois da sesión motivacional, deberás elaborar un informe no que reflexionarás sobre os logros que alcanzaches ata o momento.
- Neste documento, explicarás como planeas implementar as melloras que identificaches para o teu desenvolvemento futuro.
- Este informe debe ser enviado ao coach da tua zona por correo electrónico.
Ferramenta de auto-coaching:
- Terás ó teu dispor, no enlace proporcionado para a descarga das ferramentas do inicio do programa, unha guía onde se mostra como o alumnado pode seguir por si mesmo o proceso vivido na sesión de coaching motivacional presencial.
- Usaraa para autoevaluarse, establecer metas e abordar áreas específicas de mellora.
- Contará cun podcast explicativo para usala cando a necesiten.
5.SEGUNDA SESIÓN GRUPAL: IMPULSANDO AS HABILIDADES CLAVE
Nesta segunda sesión presencial, continuaremos desenvolvendo competencias clave necesarias para o teu posto de traballo.
Duración: 5 horas
Competencias clave a traballar:
- Empatía: desenvolvemento de técnicas para conectar emocionalmente cos persoas usuarias e fortalecer as relacións.
- Iniciativa e motivación: estratexias para fomentar a motivación e a toma de decisións proactiva.
Datas e lugares:
- Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, A Coruña: Luns, 14 de outubro de 09:00 a 14:00
- Santiago de Compostela: Mércores, 16 de outubro de 09:00 a 14:00
Sedes onde se impartirán as sesións grupais e individuais
e datos de contacto dos coaches de cada zona.
A Coruña
Lugar de impartición: Edificio Amizar, rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña
Coach: Belén Candal
Santiago de Compostela
Lugar de impartición: Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, San Lázaro s/n, planta 2 -sala grupal- Santiago de Compostela
Coach: Belén Candal
Ourense
Lugar de impartición: Centro Integrado de Formación Profesional Santa María Europa, Praza da Lexión, 16, Ourense
Coach: Natalia Salgado
Email: nathaliesalgado72@gmail.com
Lugo
Lugar de impartición: Oficina de Emprego de Lugo, rúa da Saúde, 4 , Lugo
Coach: Marcela Parga
EMail: marparfer@gmail.com
Pontevedra
Lugar de impartición: Oficina de Emprego de Pontevedra, rúa Benito Corbal, 47, Pontevedra
Coach: Ricardo Riveiro
EMail: rjriveiro@gmail.com
Vigo
Lugar de impartición: Oficina de Emprego de Vigo López Mora, rúa López Mora, 50, Vigo
Coach: Diego Rodríguez
ÚNICA FORMACIÓN EN ESPAÑOL
Al fin, Instituto Ben Pensante cuenta con el único curso online en español de Lars Eric Uneståhl sobre entrenamiento mental. Traemos por primera vez esta formación para introducirse a la meditación.
ALCANZA TU ESTADO ÓPTIMO
Este curso es único y ha sido creado por Lars Eric Uneståhl. Es reconocido a nivel mundial por haber implantado su proceso en numerosos países y en muy diversas áreas.
METODOLOGÍA
La formación se compone de 5 módulos a completar en un período de tiempo fijado. Cada módulo contiene grabaciones, lecturas y tareas. Al completarlo, recibirás el diploma correspondiente.
VÍDEO:
documentos:
Profesorado:
BELÉN CANDAL
Docente, coach executiva e de equipos áxiles
Docente AFD e talleres prácticos. Colaboradora de proxectos co Instituto Ben Pensante. Mentora de emprendedores/as – Membro do comité de ICC España.
Ciclo superior de Administración e Finanzas, con estudos de psicoloxía. Máis de 15 anos de experiencia profesional no mundo da empresa, tanto en pemes como en grandes empresas, en colaboración directa coa xerencia, como responsable da parte administrativa e organizativa.
Hai 3 anos, creou a súa marca Hippocampus Coaching e axuda ás persoas para acadar o seu máximo potencial e vivir unha vida plena e satisfactoria, mellorando as súas habilidades de liderado, xestionando mellor o seu tempo, manexando o seu nivel de estrés, acadando as súas metas.
Acompaña a grupos de traballo en empresas, persoas emprendedoras e ao alumnado en certificados de profesionalidade e talleres prácticos, dándolles apoio e facilitándolles as ferramentas e a orientación que necesitan para atopar ese equilibrio. Capacítalles para desenvolver os cinco piares da intelixencia emocional: traballar e mellorar o seu autoconcepto e a xestión de emocións para que sintan a motivación de alcanzar os seus obxectivos con empatía e a través das habilidades sociais.
MARCELA PARGA
Avogada. Mediadora
Trainer para España da International coaching Community. Coach certificada (International Coaching Community). Mestrado en Asesoría Xurídica no medio Ambiente e Máster en Creación e Desenvolvemento de Empresas, (Escola de Organización Industrial. Practitioner de Programación Neurolingüística (Approaching). Experta en Xestión da Conciliación. Certificada e facilitadora da metodoloxía LEGO SERIOUS PLAY. Mentora de ICC España. Experta en Mediación con Comunicación Non Violenta. Experta en Intelixencia Emocional e Benestar Organizacional, USC.
Con máis de vinte e cinco anos de experiencia profesional no ámbito dá empresa privada, e xestión societaria, e máis de vinte anos á fronte do seu propio negocio de consultoría e formación, xestionando a un equipo multidisciplinar (avogados, economistas e coaches).
Comprometida e vinculada ao ámbito empresarial e formativo e coa mediación de conflitos como vehículo para mellorar as relacións laborais e persoais.
Membro activo de varias asociacións de empresarios, como entusiasta do emprendemento, da creación e desenvolvemento de organizacións.
Fomenta a conciliación da vida persoal e laboral como ferramenta moi poderosa para o impulso do ámbito empresarial, do desenvolvemento e equilibrio das persoas.
RICARDO RIVEIRO
Docente, consultor e coach certificado
Membro do Comité de España de International Coaching Community
Despois de 15 anos formando parte de empresas multinacionais, en posicións de dirección comercial e de unidades de negocio, decidiu comezar o seu propio proxecto, axudando ás empresas no contexto da formación, coaching e consultoría, en proxectos de:
-Formacións (en liña, presenciais, in company…): Habilidades directivas, liderado, produtividade. Xestión de equipos: creación de equipos de alto rendemento. Dirección comercial, negociación, organización comercial, xestión, produtividade… no departamento comercial da empresa.
-Coaching executivo, Coaching de equipos, Mentoring… para a consecución de obxectivos.
-Consultoría e interim management en departamentos comerciais de organización e produtividade. Implementación de sistemas de traballo sostibles coas persoas.
NATALIA SALGADO
Coach Executivo e de Equipos
Formación de equipos de venda. Mentora de líderes e desenvolvemento do liderado humanista.
Con máis de 26 anos en formación de equipos e desenvolvemento organizacional, a súa paixón é impulsar o talento humano en contornas laborais, acompañando aos líderes cara a unha cultura humanista e transformando aos equipos de venda.
Promove a comunicación interna eficaz e a diversidade xeracional co fin de obter resultados excepcionais. Está comprometida co desenvolvemento de líderes e a súa aprendizaxe continua, actualizándose en tendencias para ofrecer recomendacións que acheguen valor.
Certificada como Coach de equipos, Coach executivo e Coach individual e membro do Comité da International Coaching Community (ICC) de España.
DIEGO RODRÍGUEZ
Consultor, formador e coach
Apaixonado do crecemento persoal e organizacional. Con experiencia empresarial de 19 anos onde desenvolveu capacidades transversais relacionadas co alto rendemento e benestar laboral.
Coach Certificado de equipos e persoal pola Internacional Coaching Community (ICC).Posgraduado en Organizacións Emocionalmente Intelixentes pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Certificado Agile en Scrum Master, Product Owner, Kamban Esentials pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).